viernes, 11 de marzo de 2022

XEOGRAFÍA E HISTORIA: PONTEDEUME FEITO A MAN

 






Para finalizar o proxecto de arte de 2º da ESO xa sabedes que visitamos na compaña dunha guía a nosa vila para achegarnos á súa historia e aprender anécdotas e curiosidades moitas veces descoñecidas. Tocaba propoñerlles a última tarefa: un produto totalmente artesanal esta vez relacionado con Pontedeume. Puxémonos na pel deses oficiais que querían comandar un obradoiro propio e xogámonos o posto coa nosa obra mestra.




Podedes ver exemplos nestas fotos: moitos escudos cos emblemas dos Andrade (en madeira, papel e cola, punto de cruz …), cores amarela e verde da nosa bandeira tamén para pulseiras e pratos de cerámica con motivos mariñeiros, maquetas da ponte e do Torreón en materiais diversos, paisaxes locais retratados en óleo ou acrílico, unha ballesta da milicia dos Andrade, chaveiros, colgantes…




No hay comentarios:

Publicar un comentario