viernes, 26 de enero de 2018

UN REGARD SUR MA VILLE

Les éléves de 2º ESO ont fait un projet sur la ville de Pontedeume, ils ont fait une recherche pour savoir la localisation, les points cardinaux, le nombre d'habitants...... et ils ont dessiné leur devise et leur emblème.

Os alumnos de 2º ESO fixeron un proxecto sobre a vila de Pontedeume, o primeiro foi investigar a súa localización, puntos cardinais, número de habitantes.... e deseñaron a súa divisa e o seu emblema.
Après ils on dû décrire des photos anciennes de la ville et ils ont fait la comparaison avec aujourd'hui.

Logo tiveron que describir antigas fotos da vila e comparáronas coa actualidade.


Plus tard, ils ont fait la tâche la plus créative, la plus literaire, ils ont donné un mot pour décrire Pontedeume si elle était un bruit,une odeur, une couleur, un plat, une boisson,un monument , une chanson....

Máis tarde  os rapaces fixeron a tarefa máis creativa e literaria, tiveron que dar una palabra para denominar Pontedeume se fose un ruído, un aroma, una cor, un prato, una bebida, un monumento, una canción.....

C'est comme ça qu'ils ont fini une tâche très atractive pour eux et dont ils ont profité.
Deste xeito remataron esta tarefa que lles resultou moi atractiva e da que gozaron enormemente facéndoa.

jueves, 18 de enero de 2018

COMO DIFERENCIAR O GÓTICO E O ROMÁNICO?


Un dos maiores tesouros do noso Patrimonio son as nosas obras de arte marcadas polos estilos e influencias das distintas épocas históricas. Na materia de Xeografía e Historia de 2º ESO tócanos este trimestre analizar os estilos gótico e románico nun proxecto que percorre a Idade Media centrándonos nas pegadas que hoxe podemos apreciar en moitas das nosas cidades.



Primeiro e en grupo cooperativo, os alumnos investigaron diversos aspectos da arquitectura, pintura e escultura de ambas correntes para poder así diferencialas e recoñecer as características dunha e doutra. Despois e tras a posta en común, a tarefa do grupo foi recompilar unha serie de fotografías e situar no espazo e no tempo exemplos que se adaptaran á nosa información. Xa despois e na fase de avaliación, os rapaces identificaron diversas obras e foron capaces de concretar os elementos que utilizaron artesáns e artistas.