miércoles, 29 de enero de 2020

AXUDANDO AO PEQUENO COMERZO

Chegou ás nosas mans un folleto que convocaba un concurso para promover o pequeno comercio nas vilas galega. Pois ben, partindo desta premisa, os rapces de 2º ESO fixeron un proxecto cuxo produto final era un video publicitario onde se fomentara a venda no comercio de proximidade.

En primeiro lugar, o alumnado tivo que aprender o que era a linguaxe publicitaria, como convencer ao público de que o que anuncian é a mellor opción.

Logo, cada integrante do equipo de traballo fixo un relato que contaba unha experiencia no pequeno comercio.Cada membro do equipo elixía a mellor historia do seu grupo e máis tarde, despois de aprender como se facía un guión, redactaron os guións das súas curtas.
Os guións debían seguir as pautas dadas a través dunha rúbrica, así saberían se estaban a facelo ben.
 Por último pasouse á fase máis divertida, a de gravación dos videos.
Desde aquí queremos dar as grazas a todos os que colaboraron para que este proxecto se levara a cabo: Cacharreira, Marisa Piñeiro, Piscina Municipal, ......
Aquí vos deixamos algunhas imaxes dos traballos.




jueves, 16 de enero de 2020

GÓTICO OU ROMÁNICO?



Ás veces non somos conscientes da riqueza do noso patrimonio e da necesidade de conservalo como unha herdanza preciosa dos nosos antepasados. 
Na materia de Xeografia e Historia achegámonos este curso ao ROMÁNICO E O GÓTICO e a través da súa arquitectura, pintura e escultura coñecemos un pouco máis dos seus rasgos característicos que definen, identifican e diferencian cada unha das súas obras.
Este foi o obxectivo final desta primeira parte do proxecto de arte de 2º ESO que comezamos cun mapa mental para sintetizar os contidos que íamos investigar.



Durante varias sesións, identificamos e profundizamos nos elementos arquitectónicos (contrafortes, arcos, portadas, rosetóns …) que están presentes en igrexas e mosteiros de Europa para así chegar ás principais diferencias dos dous estilos.



Para rematar, chegaba a parte creativa: recompilar todos eses datos nun libro manuscrito que procurara imitar a eses códices que elaboraban os monxes na Idade Media.
Aquí podedes comprobar un exemplo do vistoso resultado que estará exposto no corredor do colexio.