jueves, 16 de enero de 2020

GÓTICO OU ROMÁNICO?



Ás veces non somos conscientes da riqueza do noso patrimonio e da necesidade de conservalo como unha herdanza preciosa dos nosos antepasados. 
Na materia de Xeografia e Historia achegámonos este curso ao ROMÁNICO E O GÓTICO e a través da súa arquitectura, pintura e escultura coñecemos un pouco máis dos seus rasgos característicos que definen, identifican e diferencian cada unha das súas obras.
Este foi o obxectivo final desta primeira parte do proxecto de arte de 2º ESO que comezamos cun mapa mental para sintetizar os contidos que íamos investigar.



Durante varias sesións, identificamos e profundizamos nos elementos arquitectónicos (contrafortes, arcos, portadas, rosetóns …) que están presentes en igrexas e mosteiros de Europa para así chegar ás principais diferencias dos dous estilos.



Para rematar, chegaba a parte creativa: recompilar todos eses datos nun libro manuscrito que procurara imitar a eses códices que elaboraban os monxes na Idade Media.
Aquí podedes comprobar un exemplo do vistoso resultado que estará exposto no corredor do colexio.



No hay comentarios:

Publicar un comentario