domingo, 26 de mayo de 2024

VÍDEO- PODCAST NON CANTAN PAXAROS NESTE BOSQUE- Carlos Negro


Non cantan paxaros neste bosque de Carlos Negro foi a obra elixida para a lectura neste terceiro trimestre, pero no lugar de facer un exame sobre o seu contido, personaxes, trama... fíxose un podcast falando da obra.
 
O primeiro que tiveron que facer os rapaces foi ler en profundidade a obra. De seguido, investigar quen é o autor para coñecer en profundidade o que moveu ao autor a escribir esta obra.
Cando tiveron claro o que ían contar no podcast, fixeron o guión e puxéronse diante das cámaras. 
Falaron do autor, do fio condutor que unía todos os relatos, do seu personaxe favorito, o que más lles gustou e o que menos e , finalmente fixeron a súa recomendación.





A parte técnica, é dicir a gravación e edición fixérona na casa; tranquilamente fixeron o traballo seguindo as pautas indicadas na aula e conseguiron un bo traballo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario