jueves, 9 de noviembre de 2017

VISITA AL LABORATORIO


¿Cómo podemos conocer la densidad de un objeto? Esta semana hemos ido al laboratorio a descubrirlo. Aquí os dejamos unas imágenes.



martes, 7 de noviembre de 2017

Clasificando literatura


La semana pasada comenzamos la unidad 2 de inglés con una destreza de pensamiento: la clasificación descendente. Como introducción a la actividad, tuvimos una pequeña conversación sobre nuestras rutinas de lectura y nuestros gustos literarios. 



A continuación, intentamos definir varios géneros literarios (autobiografía, novela histórica, libro de poemas, cuento de hadas…) con la estructura cooperativa 1-2-4. 



Una vez hecha la puesta en común de dichas definiciones, pasamos a la destreza “clasificación descendente”, en la cual, los alumnos y alumnas categorizaron diferentes géneros literarios a partir de las portadas de libros mediante el análisis de sus características. 









Una vez terminada, los alumnos propusieron diferentes títulos para completar nuestra clasificación literaria. Lo hemos expuesto todo en este panel :)  





jueves, 20 de abril de 2017

LES VÊTEMENTS NOUS DÉFINENT?

Nous venos de finir un super projet! C'était un projet sur la mode. Nous avons beaucoup appris parce qu'il a été très dinamyque et amusant.
Nous avons fait plein de choses:
- Rémue méninges sur nos connaîssances sur ce sujet.
- Nous avons réalisé un dictionnaire avec des termes spécifiques de la mode.
- Nous avons connu des grands couturiers français.
- Nous avons fait des exercices de revision de differents points de grammaire pour pouvoir decrire un style de mode et preparer notre exposée oral.
- On nous a évalué de diferrents aspects du travail
- Et, finalement, nous avons fait une vidéo avec notre travail.

Vimos de rematar un súper proxecto! Foi un proxecto sobre a moda. Aprendimos moito porque foi moi dinámico e divertido.
Fixemos moitísimas cosas:
- Chuvia de ideas sobre os nosos coñecementos sobre o tema.
- Realizamos un dicionario cos termos específicos da moda.
-Coñecimos os grandes modistos franceses.
- Fixemos exercicios de repaso sobre diferentes puntos de gramática para poder describir un estilo de moda e preparar a nosa exposición oral.
- Avaliáronnos de diferentes aspectos do traballo.
- E, finalmente, Fixemos un video para que vexades o resultado.
RECHERCHE
ORAL
ORAL

COUTURIERS
DICTIONNAIRE

miércoles, 8 de marzo de 2017

E TI A QUE XOGAS?

Esta semana rematamos o proxecto interdisciplinario “E ti a que xogas” que englobou ás materias de Lingua Galega, Investigación e Tratamento da Información, Educación Física e Tecnoloxía. O noso obxectivo era que a través das anécdotas, curiosidades e experiencias vitais dos avós, tíos ou pais, puidéramos coñecer de primeira man a aquelas xeracións que compartía a maioría do seu tempo libre na rúa cos amigos e tiraban de enxeño para fabricar os seus propios xoguetes.
Para iso, sentámonos a falar cos nosos familiares, ilustramos carteis co mais destacado que eles nos contaron e vimos na clase nas entrevistas dos compañeiros como algúns avós e pais nos relataban en persoa as súas vivencias. Despois, tocounos a nós investigar xogos tradicionais galegos e con todo o que atopamos fixemos unha recompilación en forma de libro que estará pronto a disposición de todo o que queira poñerse a xogar. Nós puxémolos en marcha no patio cos pequeniños de Infantil e pasámolo xenial.

Para rematar, fixemos os nosos propios xoguetes. Nada de modernidades, todo artesanal. 






domingo, 5 de febrero de 2017

MESTRES DE OBRADOIRO

Rematamos estes días o proxecto de arte co que estudamos durante varias semanas o románico e  o gótico. Tratouse dun percorrido polas características de cada un destes estilos a través dunha análise de diferentes obras da escultura, pintura e arquitectura que os rapaces recompilaron e presentaron dunha maneira adecuada a estes tempos do Medievo.





Pero o remate final foi esta semana cando todos concorreron en parellas ou de maneira individual a un concurso no que debían presentar unha obra mestra e lograr así ser donos do seu propio obradoiro. Armaduras, estandartes, pan, velas, moedas, pulseiras, olas de barro, cadros ... foron algúns dos produtos elixidos por estes oficiais que de seguro percorrerán pronto as máis famosas feiras medievais da comarca.


jueves, 2 de febrero de 2017

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL




Este curso na materia de Investigación e Tratamento de Información intentamos mellorar as nosas técnicas de procura, selección e síntese de contidos, tarefas que non coidamos todo o que deberíamos. Para rematar o tema de bibliotecas necesitábamos achegarnos ao mundo da catalogación e quen mellor que un coñecedor da materia: Alexandre Caínzos.

O noso bibliotecario explicounos, entre outras cousas, cales eran as formas frecuentes de clasificar os fondos facendo especial fincapé na CDU (Clasificación Decimal Universal) que cataloga por áreas de coñecemento e que é a norma que utilizan na Biblioteca Municipal.




Alexandre animounos a ler como unha ferramenta importante para a vida e díxonos algo que non sabíamos: na Rede de Bibliotecas Galegas en internet podemos mirar se un libro que queremos forma parte dos fondos da Biblioteca Municipal. 

jueves, 12 de enero de 2017

LES LOISIRS

Les éléves de 2º ESO ont travaillé le vocabulaire des "loisirs" en classe. Tout d'abord, ils ont fait une pluie d'idées sur le vocabulaire qu'ils connaissent jusqu'au moment sur ce sujet. Après, ils on recherché les actions destinées aux loisirs elus par eux-mêmes. Voilà le résultat.

Os alumnos de 2º ESO traballaron o vocabulariodo "ocio" en clase. Ao principio, fixeron unha chuvia de ideas sobre o vocabulario que coñecían ata o momento dese tema. Despois, buscaron e investigaron as accións destinadas ao tempo de ocio elixidos por eles mesmos. Aqui deixamos o resultado:
L'AMITIÉ




LES LOISIRS: