jueves, 26 de marzo de 2020

MOUCHOS, CORUXAS, SAPOS E BRUXAS!


Neste curso, durante o segundo trimestre, os alumnos de 2º da ESO realizaron un proxecto cooperativo titulado “MOUCHOS, CORUXAS, SAPOS E BRUXAS”. Este proxecto ten como produto final a elaboración das páxinas dun “Gran Libro” de conxuros, apócemas, seres míticos, obxectos máxicos ..., que decorarán dando un aspecto antigo (empregando para tal efecto café ou té e queimando ou resgando os bordes das follas) e con debuxos para dar unha aparencia máis tenebrosa.

Os obxectivos son os seguintes:

1. Fomentar a escritura e a comprensión lectora.
2. Potenciar a expresión oral e escrita.
3. Aprender a recoñecer e elaborar distintos tipos de textos:
 
Expositivo: Redactar a entrada dunha enciclopedia cuxos protagonistas foron os míticos de Galicia. 
Narrativo: Escribir unha pequena historia relacionada cos personaxes da entrada para a enciclopedia. 
  
Descritivo: Descrición dun obxecto máxico. 
  
Argumentativo: Redactar unha reclamación e devolución da compra do obxecto máxico. 
  
Instrutivo: Instrucións para elaborar unha receita para unha apotema de amor ou outras ou outras... 
  
A poesía: Crear un caligrama ou poema visual cun enfeitizo ou conxuro.
 
4. Aprender diferentes aspectos lingüísticos como: as clases de palabras, as regras ortográficas xerais, as maiúsculas, a oración, a acentuación e o acento diacrítico, o suxeito (as oración impersoais), o predicado (as perífrases verbais ),...

5. Adquirir novo vocabulario relacionado co mundo da maxia e a mitoloxía galega.

6. Fomentar o uso das TIC e o traballo cooperativo e colaborativo na aula. 


jueves, 5 de marzo de 2020

IV PROMOCIÓN DE MESTRES DE OBRADOIRO


Como hai uns cursos acabamos o proxecto de arte facendo unha obra orixinal e totalmente artesanal que nos outorga a categoría de mestre de obradoiro. A partir de agora poderemos pertencer con dereito propio aos gremios máis diversos da Idade Media.

Aquí están os nosos artesáns e á vez artistas:






domingo, 1 de marzo de 2020

LA CHASSE AU TRÉSOR





Durante este segundo trimestre, na aula de Francés, aprendimos todo o necesario para poder situarnos no espacio: vocabulario, verbos máis utilizados, frases feitas....

En classe de Français, on a appris tout le nécessaire pour se situer dans l'espace: du vocabulaire, des verbes plus utilissés, des phrases faites...



Por equipos, fíxemos o deseño da ruta das pistas que nos levarían ao tesouro.

Par equipes on a fait la route des indices qui méneraient au trésor.




O traballo seguinte foi escribir as pistas en tarxetas. Cada equipo debía facer o seu traxecto en catro etapas para chegar ao tesouro.

Aprés, on a écrit les indices sur des cartes. Chaque équipe devait faire son parcour en quatre étapes pour arriver au trésor.
Sorteouse os equipos e as pista para que cada equipo tivera un percorrido diferente ao seu para chegar ao tesouro.

On a tiré au sort loes équipes et les indices pour que chaque équipe puisse faire une chasse differente à celle qu'il a déssiné.
Comenzou o xogo e cada equipo percorreu o colexio paraq buscar o seu tesouro.

On a commencé le jeu et chaque équipe a parcouru l'école pour chercher son trésor.




Por último, todos atompamos o tesouro! Bo proveito!
À la fin, on a trouvé le trésor! Bon appetit!