jueves, 26 de marzo de 2020

MOUCHOS, CORUXAS, SAPOS E BRUXAS!


Neste curso, durante o segundo trimestre, os alumnos de 2º da ESO realizaron un proxecto cooperativo titulado “MOUCHOS, CORUXAS, SAPOS E BRUXAS”. Este proxecto ten como produto final a elaboración das páxinas dun “Gran Libro” de conxuros, apócemas, seres míticos, obxectos máxicos ..., que decorarán dando un aspecto antigo (empregando para tal efecto café ou té e queimando ou resgando os bordes das follas) e con debuxos para dar unha aparencia máis tenebrosa.

Os obxectivos son os seguintes:

1. Fomentar a escritura e a comprensión lectora.
2. Potenciar a expresión oral e escrita.
3. Aprender a recoñecer e elaborar distintos tipos de textos:
 
Expositivo: Redactar a entrada dunha enciclopedia cuxos protagonistas foron os míticos de Galicia. 
Narrativo: Escribir unha pequena historia relacionada cos personaxes da entrada para a enciclopedia. 
  
Descritivo: Descrición dun obxecto máxico. 
  
Argumentativo: Redactar unha reclamación e devolución da compra do obxecto máxico. 
  
Instrutivo: Instrucións para elaborar unha receita para unha apotema de amor ou outras ou outras... 
  
A poesía: Crear un caligrama ou poema visual cun enfeitizo ou conxuro.
 
4. Aprender diferentes aspectos lingüísticos como: as clases de palabras, as regras ortográficas xerais, as maiúsculas, a oración, a acentuación e o acento diacrítico, o suxeito (as oración impersoais), o predicado (as perífrases verbais ),...

5. Adquirir novo vocabulario relacionado co mundo da maxia e a mitoloxía galega.

6. Fomentar o uso das TIC e o traballo cooperativo e colaborativo na aula. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario