viernes, 1 de febrero de 2019

O NOSO LIBRO DE ARTE




Case rematamos o proxecto de arte no que estivemos inmersos desde mediados de decembro. O obxectivo deste traballo era percorrer os estilos románico e gótico a través das súas características principais no referente á arquitectura, a escultura e a pintura.

Divididos en grupos fixemos unha primeira fase de investigación para despois plasmar as nosas informacións nun libro que sintetizara estas dúas correntes da arte medieval. Cada equipo aplicou a súa creatividade intentando contextualizar o mellor posible o seu traballo e dándolle unha forma axustada á época estudada.
Despois de trasladar os nosos coñecementos a unha destreza de clasificación amosando o que aprendemos, agora estamos preparando as nosas obras para ser "mestres de obradoiro". Próximamente...