domingo, 18 de febrero de 2018

GALA MESTRES DE OBRADOIRO 2018

Un ano máis premiamos en 2º da ESO aos nosos “Mestres de Obradoiro”. Para poñer punto e seguido ao proxecto no que tratamos a arte e os gremios medievais, os alumnos tiveron que facer en categoría individual ou por parellas un produto artesanal único. Houbo pezas preciosas nas que traballadores de distintos gremios amosaron as súas habilidades: espadas e escudos, olas, cadeas e figuriñas de arxila, bonecos e carteiras de coiro, cestas e un precioso rosetón de vidrio.

Noraboa a todos eles polo traballo e o tempo adicado.




No hay comentarios:

Publicar un comentario