miércoles, 2 de febrero de 2022

XEOGRAFÍA E HISTORIA: ARTE NO MEDIEVO.

Un curso máis achegámonos á arte románica e a gótica a través das pegadas que deixaron artesáns e artistas en monumentos, igrexas e mosteiros ou obras pictóricas e esculturas. O noso amplo e variado patrimonio cultural é obxecto deste proxecto que, independemente dos coñecementos que adquirimos, fainos conscientes da importancia da nosa historia e obríganos a respectala.







Comezamos o traballo ao final do primeiro trimestre poñendo en claro as características diferenciais de ambos.  É fácil distinguir un arco de medio punto dun oxival, un contraforte dun arcobotante, unha ventá estreita e una gran vidreira que contrapoñen oscuridade e luminosidade . Todo iso aparece na primeira parte: un póster do que tedes algún exemplo aquí.





Na segunda parte xa agora en xaneiro tiveron que ser máis creativos e recompilar diferentes obras dos dous estilos centrándose nos diversos elementos. O formato era libre: algúns fixeron un libro, outros un caderno, un mural… A premisa era simular un códice antigo (suprimimos os debuxos e substituímolos por fotografías non moi medievais pero que nos aforraban tempo). Algún traballo é unha auténtica marabilla.

Rematamos o proxecto cunha destreza de clasificación que serviría tamén de avaliación final de todo o traballo feito estas semanas.








No hay comentarios:

Publicar un comentario