lunes, 25 de enero de 2021

ROMÁNICO OU GÓTICO? (XEOGRAFÍA E HISTORIA)


Os rapaces de 2º da ESO traballaron como todos os cursos a parte de arte medieval cun proxecto, esta vez  de maneira individual por mor das circunstancias sanitarias. Eso non nos impediu que abordáramos o románico e o gótico e intentáramos visualizar e exemplificar as diferencias máis salientables dos dous estilos.

Na primeira parte do traballo, os alumnos elaboraron uns pósters onde fixaban as particularidades arquitectónicas que os diferencian centrándonos entre outros aspectos nos arcos, os contrafortes, as ventás, os rosetóns e as diversas formas de representar as escenas relixosas na pintura e escultura.


Con toda esa información recollida  tiveron que catalogar unha serie de fotografías co obxectivo de identificar obras das dúas correntes cunha destreza de clasificación. 

A última parte consistiu en crear muráis, álbumes ou presentacións orixinais tendo como base 18 fotografías que deberían imitar o formato polaroid. Todas elas recollían os diferentes elementos de igrexas, mosteiros ou obras destas dúas correntes en Europa.







 

No hay comentarios:

Publicar un comentario