viernes, 13 de abril de 2018

A POESÍA SOCIAL

Estes días , os rapaces de 2º ESO estiveron a traballar sobre a poesía social, a reivindicativa, a de denuncia..... e para poñela en práctica, nada mellor que construír a modo de Regueifa as súas obras.
Foi un traballo laborioso desde o principio, primeiro houbo reparto de temas: a guerra, o machismo, a desigualdade, o racismo e o acoso. Logo fixeron una chuvia de palabras relacionadas co seu tema para poder identificar o fío  do poema, cando tiveron claro que querían contar empezaron co proceso da "regueifa", é dicir, facer versos octosílabos con rima os pares .
Como broche final, os rapaces interpretáronas diante dos seus compañeiros.
Bo traballo!




E aquí deixamos as Regueifas!:





No hay comentarios:

Publicar un comentario