miércoles, 8 de marzo de 2017

E TI A QUE XOGAS?

Esta semana rematamos o proxecto interdisciplinario “E ti a que xogas” que englobou ás materias de Lingua Galega, Investigación e Tratamento da Información, Educación Física e Tecnoloxía. O noso obxectivo era que a través das anécdotas, curiosidades e experiencias vitais dos avós, tíos ou pais, puidéramos coñecer de primeira man a aquelas xeracións que compartía a maioría do seu tempo libre na rúa cos amigos e tiraban de enxeño para fabricar os seus propios xoguetes.
Para iso, sentámonos a falar cos nosos familiares, ilustramos carteis co mais destacado que eles nos contaron e vimos na clase nas entrevistas dos compañeiros como algúns avós e pais nos relataban en persoa as súas vivencias. Despois, tocounos a nós investigar xogos tradicionais galegos e con todo o que atopamos fixemos unha recompilación en forma de libro que estará pronto a disposición de todo o que queira poñerse a xogar. Nós puxémolos en marcha no patio cos pequeniños de Infantil e pasámolo xenial.

Para rematar, fixemos os nosos propios xoguetes. Nada de modernidades, todo artesanal. 






1 comentario: