Este trimestre os rapaces de 2º de ESO coñeceron todo o relacionado sobre a meteoroloxía en clase de lingua francesa.
Primeiro coñeceron o vocabulario sobre o tempo, as estacións e os verbos a empregar. Tamén descubriron que hai expresións moi diferentes ás nosas sobre o bo ou o mal tempo, por exemplo: vai un tempo de cans, en francés se o traducimos diríase "vai un tempo de parrulos".
Pero o mellor de todo foi ver como os rapces se desenvolven en francés para facer un boletín metereolóxico tal como o da televisión.
Velaquí algúns momentos das exposicións orais:
No hay comentarios:
Publicar un comentario