Neste curso, durante o segundo trimestre, os
alumnos de 2º da ESO realizaron un proxecto cooperativo titulado “MOUCHOS, CORUXAS, SAPOS E BRUXAS”. Este proxecto ten como produto final a elaboración das páxinas dun “Gran
Libro” de conxuros, apócemas, seres míticos, obxectos máxicos ..., que decorarán
dando un aspecto antigo (empregando para tal efecto café ou té e queimando ou resgando
os bordes das follas) e con debuxos para dar unha aparencia máis tenebrosa.
Os obxectivos son os seguintes:
1. Fomentar a escritura e a comprensión lectora.
2. Potenciar a expresión oral e escrita.
3. Aprender a recoñecer e elaborar distintos tipos de textos:
Expositivo: Redactar a entrada dunha enciclopedia cuxos protagonistas foron os míticos de Galicia.
Narrativo: Escribir unha pequena historia relacionada cos personaxes da entrada para a enciclopedia.
Descritivo: Descrición dun obxecto máxico.
Argumentativo: Redactar unha reclamación e devolución da compra do obxecto máxico.
Instrutivo: Instrucións para elaborar unha receita para unha apotema de amor ou outras ou outras...
A poesía: Crear un caligrama ou poema visual cun enfeitizo ou conxuro.
4. Aprender diferentes aspectos lingüísticos como:
as clases de palabras, as regras ortográficas xerais, as maiúsculas, a oración,
a acentuación e o acento diacrítico, o suxeito (as oración impersoais), o
predicado (as perífrases verbais ),...
5. Adquirir novo vocabulario relacionado co mundo
da maxia e a mitoloxía galega.
6. Fomentar o uso das TIC e o traballo cooperativo
e colaborativo na aula.