Esta semana rematamos o
proxecto interdisciplinario “E ti a que xogas” que englobou ás materias de
Lingua Galega, Investigación e Tratamento da Información, Educación Física e
Tecnoloxía. O noso obxectivo era que a través das anécdotas, curiosidades e
experiencias vitais dos avós, tíos ou pais, puidéramos coñecer de primeira man
a aquelas xeracións que compartía a maioría do seu tempo libre na rúa cos
amigos e tiraban de enxeño para fabricar os seus propios xoguetes.
Para iso, sentámonos a falar
cos nosos familiares, ilustramos carteis co mais destacado que eles nos
contaron e vimos na clase nas entrevistas dos compañeiros como algúns avós e
pais nos relataban en persoa as súas vivencias. Despois, tocounos a nós
investigar xogos tradicionais galegos e con todo o que atopamos fixemos unha
recompilación en forma de libro que estará pronto a disposición de todo o que
queira poñerse a xogar. Nós puxémolos en marcha no patio cos pequeniños de
Infantil e pasámolo xenial.
Para rematar, fixemos os
nosos propios xoguetes. Nada de modernidades, todo artesanal.