Un ano máis premiamos en 2º da ESO aos nosos “Mestres de Obradoiro”. Para
poñer punto e seguido ao proxecto no que tratamos a arte e os gremios
medievais, os alumnos tiveron que facer en categoría individual ou por parellas
un produto artesanal único. Houbo pezas preciosas nas que traballadores de
distintos gremios amosaron as súas habilidades: espadas e escudos, olas, cadeas
e figuriñas de arxila, bonecos e carteiras de coiro, cestas e un precioso
rosetón de vidrio.
Noraboa a todos eles polo traballo e o tempo adicado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario