Rematamos estes días o proxecto de arte co que estudamos durante varias semanas o románico e o gótico. Tratouse dun percorrido polas características de cada un destes estilos
a través dunha análise de diferentes obras da escultura, pintura e arquitectura
que os rapaces recompilaron e presentaron dunha maneira adecuada a estes tempos
do Medievo.
Pero o remate final
foi esta semana cando todos concorreron
en parellas ou de maneira individual a un concurso no que debían presentar unha
obra mestra e lograr así ser donos do seu propio obradoiro. Armaduras,
estandartes, pan, velas, moedas, pulseiras, olas de barro, cadros ... foron
algúns dos produtos elixidos por estes oficiais que de seguro percorrerán
pronto as máis famosas feiras medievais da comarca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario