Este curso na
materia de Investigación e Tratamento de Información intentamos mellorar as nosas
técnicas de procura, selección e síntese de contidos, tarefas que non coidamos
todo o que deberíamos. Para rematar o tema de bibliotecas necesitábamos
achegarnos ao mundo da catalogación e quen mellor que un coñecedor da materia:
Alexandre Caínzos.
O noso
bibliotecario explicounos, entre outras cousas, cales eran as formas frecuentes
de clasificar os fondos facendo especial fincapé na CDU (Clasificación Decimal
Universal) que cataloga por áreas de coñecemento e que é a norma que utilizan
na Biblioteca Municipal.
Alexandre animounos
a ler como unha ferramenta importante para a vida e díxonos algo que non
sabíamos: na Rede de Bibliotecas Galegas en internet podemos mirar se un libro
que queremos forma parte dos fondos da Biblioteca Municipal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario