A pasada semana , os alumnos de 2º ESO fixeron un pequeno traballo por parellas sobre a "Cociña francófona". Despois de investigar cales eran os países francófonos, fíxose un sorteo para ver sobre que pais e comida lle tocaba a cada parella.
O traballo consistía en:
- Saber ubicar o país:
- Saber como chegaron a ser países francófonos:
- Utilizar os partitivos nos ingredientes das recetas:
- Redactar a elaboración:
E por último, compartilo cos compañeiros. Foi unha tarefa moi completa pois, ademais de practicar o francés , aprendeuse a ubicar países e a saber un pouco de historia sobre os mesmos.