Este trimestre en 2º de ESO, fíxose un reto que é moi importaante como alumnos de Lingua Galega.
Propúxose falar en galego durante 48 horas e todos os ámbitos da vida do alumnado. Falar galego custoulles moitísimo a algúnsa, ás veces foilles imposible porque teñen moi interiorizado o castelán.
Realizouse este reto porque se levou a cabo por primeira vez o curso pasado e tivera moito éxito.
Cales foron os pasos a seguir? Pois ben, o primeiro foi a realización das chapas para lembrarlle ao alumnado o reto a seguir.
O segundo paso foi asinar un contrato no que se comprometían a falar galego durante 48 horas.
Así de animados estaban os rapaces cando comezaron o reto:
Os pais tamén se implicaron no proxecto, pois ao mesmo tempo que eles, recibiron un correo explicándolles o do reto e enviándolles un cuestionario que debían devolver á profesora cuberto.
Pasadas as 48 horas, os rapaces cubriron o cuestionario e logo fíxose un coloquio moi interesante, de onde se sacaron conclusións importantes:
- A algúns rapaces (poucos) non lles custou nada facelo, e querían continuar.
- Poucos sentiron vergoña ao falalo cos amigos.
- E todos concluíron que o segundo día foi moito máis doado que as primeiras horas.
Foi unha aprendizaxe moi rica, espero que o alumnado se dera conta que o futuro da nosa lingua está nas súas mans, e poñerlle remedio á baixada de falantes depende deles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario