Para finalizar o proxecto de arte
de 2º da ESO xa sabedes que visitamos na compaña dunha guía a nosa vila para
achegarnos á súa historia e aprender anécdotas e curiosidades moitas veces
descoñecidas. Tocaba propoñerlles a última tarefa: un produto totalmente
artesanal esta vez relacionado con Pontedeume. Puxémonos na pel deses oficiais
que querían comandar un obradoiro propio e xogámonos o posto coa nosa obra
mestra.
Podedes ver exemplos nestas fotos: moitos escudos cos emblemas dos Andrade (en madeira, papel e cola, punto de cruz …), cores amarela e verde da nosa bandeira tamén para pulseiras e pratos de cerámica con motivos mariñeiros, maquetas da ponte e do Torreón en materiais diversos, paisaxes locais retratados en óleo ou acrílico, unha ballesta da milicia dos Andrade, chaveiros, colgantes…
No hay comentarios:
Publicar un comentario