Un curso máis achegámonos á arte románica e a gótica a través das pegadas que deixaron artesáns e artistas en monumentos, igrexas e mosteiros ou obras pictóricas e esculturas. O noso amplo e variado patrimonio cultural é obxecto deste proxecto que, independemente dos coñecementos que adquirimos, fainos conscientes da importancia da nosa historia e obríganos a respectala.
Na segunda parte xa agora en
xaneiro tiveron que ser máis creativos e recompilar diferentes obras dos dous
estilos centrándose nos diversos elementos. O formato era libre: algúns fixeron
un libro, outros un caderno, un mural… A premisa era simular un códice antigo
(suprimimos os debuxos e substituímolos por fotografías non moi medievais pero
que nos aforraban tempo). Algún traballo é unha auténtica marabilla.
Rematamos o proxecto cunha destreza de clasificación que serviría tamén de avaliación final de todo o traballo feito estas semanas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario