Ás veces non somos conscientes da
riqueza do noso patrimonio e da necesidade de conservalo como unha herdanza
preciosa dos nosos antepasados.
Na materia de Xeografia e Historia achegámonos
este curso ao ROMÁNICO E O GÓTICO e a través da súa arquitectura, pintura e
escultura coñecemos un pouco máis dos seus rasgos característicos que definen, identifican e diferencian cada unha das súas obras.
Este foi o obxectivo final desta primeira
parte do proxecto de arte de 2º ESO que comezamos cun mapa mental para
sintetizar os contidos que íamos investigar.
Durante varias sesións,
identificamos e profundizamos nos elementos arquitectónicos (contrafortes,
arcos, portadas, rosetóns …) que están presentes en igrexas e mosteiros de
Europa para así chegar ás principais diferencias dos dous estilos.
Para rematar, chegaba a parte
creativa: recompilar todos eses datos nun libro manuscrito que procurara imitar
a eses códices que elaboraban os monxes na Idade Media.
Aquí podedes comprobar un exemplo do vistoso
resultado que estará exposto no corredor do colexio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario