Temos unha promoción máis de mestres de obradoiro que pon
fin ao proxecto de arte de 2º ESO.
A idea era facer unha obra de artesanía,
unha peza única na que os alumnos amosaran a súa creatividade e o seu bo facer.
Intentábamos imitar a proba á que era sometido un oficial que quería ter o seu propio obradoiro.
Os alumnos convertéronse en pintores, cristaleiros, ourives, poceiros, tintureiros, escultores ou construtores.
Podedes comprobalo
por vós mesmos: