Neste segundo trimestre, os alumnos de 2º ESO tiveron como lectura de Lingua Galega "AS LÁGRIMAS DE SHIVA"de César Mallorquí.
Lectura que foi do agrado de todos xa que é un libro que engancha e entretén desde a primeira páxina.
Pois ben, a partir do libro de lectura realizouse o proxecto de comprensión , que resultou ser a realización dun bibliotrailer, pero o produto final, aínda que é moi atractivo, non foi o único que fixeron os rapaces, pois tiveron que traballar moitísimo, pois tiveron que completar cinco padróns nos que se incluía todo tipo de actividades para programar o guión do vídeo, as cuestións técnicas, a repartición de tarefas......ata a rúbrica pola que se ía cualificar o vídeo.
Aquí tedes o resultado, esperamos que vos guste.
OS VIDEOS :
No hay comentarios:
Publicar un comentario