Un dos maiores tesouros do noso Patrimonio son as nosas obras de arte marcadas polos estilos e influencias das distintas épocas históricas. Na materia
de Xeografía e Historia de 2º ESO tócanos este trimestre analizar os estilos gótico e románico nun proxecto que percorre a Idade Media centrándonos nas pegadas que hoxe podemos apreciar en moitas das nosas cidades.
Primeiro e en grupo cooperativo, os alumnos investigaron diversos aspectos
da arquitectura, pintura e escultura de ambas correntes para poder así
diferencialas e recoñecer as características dunha e doutra. Despois e tras a
posta en común, a tarefa do grupo foi recompilar unha serie de fotografías e
situar no espazo e no tempo exemplos que se adaptaran á nosa información. Xa despois e na fase de avaliación, os rapaces identificaron diversas obras e foron capaces de concretar os elementos que utilizaron artesáns e artistas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario